22 noviembre 2009

CRISTO REI, por Andrés GV


Amigos e irmáns, este berro, que dá nome á mensaxe, aínda suscita estremecementos. A festa de Cristo Rei naceu afectada de saudades pola perda do poder temporal e monárquico do bispo de Roma. O título de Cristo Rei foi empregado para reivindicar unha Igrexa cobizosa de control da verdade e da ética dos estados e dos pobos. Esta concepción enchoupou unha boa parte do que deu en chamar nacional-catolicismo, coma se fose posible aquel ideal que dicía, poñendo en boca de Xesús, Sagrado Corazón: “O meu corazón reinará en España con predilección... “Sobre a realeza de Xesús proxectou a maneira humana de entender o estatus de rei, á maneira do Antigo Réxime: monarca, cetro, territorio, goberno absoluto, dominio indiscutido.

¡Que diferenza co evanxeo deste domingo: un rei coroado non de ouro senón de espiñas, un rei que renuncia aos exércitos para facer valer os seus dereitos, un rei que só é aceptado e seguido polos que aman a verdade, pois soamente estes escoitan a súa voz! Non podo resistir a tentación de engadir aquí un texto atribuído a H. de Lubac, que creo que desenvolve moi ben o sentido da realeza de Xesús, o Señor que tomará posesión do seu reinado na plenitude da historia. O rei dun reino que medra sen que saibamos como, que produce froitos que se multiplican polo trinta, sesenta e cento por un, que lle dá gusto á vida da xente coma o sal, ou que esvaece as escuridades coma a luz no candieiro. Un reinado que se mestura coas venturas e desventuras humanas, coma o fermento na masa de fariña, para inzar e levar á perfección do amor a todos os que entran en contacto con el.

Unha aperta a todos (quero dicir que unha aperta para cada un)
Andrés GV



La riqueza de la Iglesia

Si Jesucristo no constituye su riqueza,
la Iglesia es miserable.

Si el Espíritu de Jesucristo no florece en ella,
la Iglesia es estéril.

Su edificio amenaza ruina
si no es Jesucristo su arquitecto
y si el Espíritu Santo no es el cimiento de piedras vivas
con el que está construida.

No tiene belleza alguna
si no refleja la belleza sin par del rostro de Jesucristo
y si no es el árbol cuya raíz es la Pasión de Jesucristo.

La ciencia de que se ufana es falsa,
y falsa también la sabiduría que la adorna,
si ambas no se resumen en Jesucristo.

Toda su doctrina es una mentira
si no anuncia la verdad que es Jesucristo.

Toda su gloria es vana
si no la funda en la humildad de Jesucristo.

Su mismo nombre resulta extraño
si no evoca en nosotros el único Nombre.

La Iglesia no significa nada para nosotros
si no es el sacramento de Jesucristo”
(H. De Lubac)