A Comunidade Parroquial de Santa María a Maior de Pontevedra
CONVIDA
á persoa responsable da información local deste medio, a participar no acto de finalización das obras de conservación e limpeza das fachadas principal e norte da Real Basílica, uns traballos que contaron coa colaboración económica do Excelentísimo Concello de Pontevedra. Neste acto participarán tanto representantes da Comunidade Parroquial como da Corporación Municipal.
Data: Sábado, 1 de outubro.
Hora: 11:30 A. M.
Lugar: Real Basílica de Santa María a Maior.
(na fachada principal)