Asamblea dos scouts adultos da Diócese de Santiago

O pasado sábado 19 de setembro os responsables adultos dos scouts da Diocese de Santiago reuníronse en Asamblea, como cada curso por estas datas, para facer un balance do curso pasado e expor o seguinte, as liñas de acción que marcarán o curso 2015/2016. 

En total foron máis de 30 homes e mulleres reunidos no recén inaugurado Centro Scout Abeiro, un novo proxecto da asociación, que espera ser un punto de referencia para os scouts que fan o camiño de Santiago ou que visitan a cidade composte- lá ao longo de todo o ano e procedentes de diversos paises. Este centro scout  sitúase na parroquia de Santa María de Figueiras, aos pés do Pedroso, moi preto da cidade e conta cunha casa de dúas prantas e unha horta de 5000 metros cadrados, cedido pola Diocese de Santiago aos scouts católicos.

Con esta asamblea dase comezo ao novo curso, no que os rapa- ces terán a súa primeira actividade nos seus respectivos grupos o sábado 3 de outubro. Antes, o fin de semana anterior, os  pionei- ros,  terán  unha  acampada conxunta para  toda  Galicia en Becerreá.

Extracto Publicado en Pobo de Deus Nº 752
Foto: facebook.com/ASDE-Scouts-de-Galicia-110633812309824