Belén na capela do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino

Dende hoxe xa se pode visitar o Belén instalado na capela do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino (rúa Carretas, 33, Santiago de Compostela).

Este belén, duns 20 m2, representa diferentes esceas evanxélicas relacionadas co nacemento de Xesús, a modo de secuencia temporal, de maneira que percorrendo todo o seu perímetro poden observarse as pasaxes da Anunciación, a propia Natividade, a Aparición aos Pastores, os Reis Magos e a Fuxida a Exipto.

As construcións están realizadas sobre base de madeira, revestidas con pastas cerámicas e escaiola e pintadas. Visitable durante o horario de apertura da Oficina do Peregrino: de 10:00h a 19:00h (pechado o 25 de decembro e o 1 de xaneiro). Achegamos algunhas imaxes de detalle.