Belén na Praza do Obradoiro

Cada ano, desde fai millóns de anos, pobos de África, América, Europa, Asia e Oceanía achéganse a contemplar o nacemento como quen contempla toda a creación. O que o mundo celebra en Nadal é o nacemento de Xesús no pesebre. Sen Belén, non hai Nadal.

En todas as latitudes son as persoas, familias, asociacións e institucións as que poñen o Belén nas casas e nos espazos públicos. O pobo quere así facilitar que todas as persoas que o desexen poidan contemplar o nacemento de Xesús no pesebre.

Contemplando o pesebre tamén nos facemos conscientes dos moitos pesebres que hai no mundo. Hoxe os pesebres están na guerra, nos desprazados buscando un lugar onde vivir; están nas cadeas ou nos CIES indignos. Xesús nace en cada neno escravo, no pai de familia explotado, nas persoas que viven na rúa.

Poñer o Belén no centro da cidade, na Praza do Obradoiro que é lugar de acollida, é un símbolo de paz, de amor e xustiza.

O Movemento Cultural Cristián co apoio das Parroquias, capelas e numerosas asociacións, institucións, comercios e centos de sinaturas de cidadáns organizámonos para que o Belén estea na praza pública e sexa cousa do pobo, e non dependa exclusivamente da vontade das institucións.

O Belén que puxemos está realizado con materiais de refugallo para simbolizar o que se anunciou no Salmo: “A pedra que desbotaron os canteiros convértese en pedra angular”