Carballo celebra a súa XXIX Semana da Familia

Nesta  XXIX Semana da Familia do Ano da Misericordia, facemos unha invitación especial a todas as familias a renovar a vida cristiana acollendo a Misericordia de Deus e practicando a miericordia e o perdón entre os membros da familia.

Domingo 24:
12,30 hs: Misa comezo Semana da Familia. Catequese cos nenos: “Xesús ensínanos a vivir en familia”

Luns 25:
20,30 hs: ”Un año de la Misericordia para la familia”: Charla do Bispo Auxiliar de Santiago, Mons. Jesús Fernández. Clausura do XIV Curso de Formación de Axentes de Pastoral e entrega de  Diplomas cursos online. Homenaxe ás Nais Catequistas.

Martes 26:
20,30 hs: Charla para pais e confirmandos “El uso responsable de Internet y las Nuevas Tecnologías” a cargo de Manuel Angel García Gómez, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Mércores 27:
20,30 hs: Encontro Pais, padriños  e confirmandos: “A Confirmación e Cáritas”

Xoves 28:
20,30 hs: Celebración do Sacramento da Penitencia para  pais e mozos da  confirmación

Venres 29:
21:00 hs: Procesión das antorchas. Desde a Capela da Milagrosa coas  imaxes da Virxen de cada Parroquia nunha carroza engalanada. Será presidida polo “Icono de la Inmaculada joven”. Rematará na Igrexa Parroquial cunha oración conxunta polas familias.

Sábado 30:
18:00 hs: Misa e bendición dos enfermos: Celebración comunitaria da  Santa Unción
20:00 hs: Celebración do Sacramento do Bautismo dun adulto e da Confirmación. Presidirá o Sr. Arcebispo D. Julián Barrio.

Domingo 1 de Maio:
11:00 hs: Celebración das Primeiras Comunións
12,30 hs: Clausura da Semana da Familia coa Misa homenaxe ás Nais.
Mamás, traede os vosos fillos e netos. Fillos, invitade ás vosas mamás para que María Nai vos bendiga.

 

DURANTE TODA A SEMANA DA FAMILIA
Poñamos as familias baixo a protección maternal de María

  1. EN CADA FAMILIA
    Busquemos un momento para rezar xuntos, bendecindo a mesa e pedindo  que o Señor bendiga a nosa familia.
  1. NA IGREXA PARROQUIAL:
    19:30 hs: Rezo do Rosario pedindo polas familias
    20:00 hs: Misa da Familia
  1.  NA CAPELA DA MILAGROSA:
    18:30 hs: Rezo do Rosario pedindo polas familias
    19:00 hs: Misa da Familia
  1. NA CAPELA DAS FILLAS DA CARIDADE:
    19:00 hs: Rezo do Rosario pedindo polas familias
    19:30 hs: Misa da Familia