Celebración de Sta. Uxía en Ribeira

Alfonso Mera (San Pedro de Vilanova, Vedra, 1973) é dende fai case tres anos párroco en Santa Uxía de Ribeira. Hoxe tócalle oficiar a que seguramente sexa a festividade da patroa máis atípica en décadas. Aínda así móstrase optimista e avoga por converter a xornada nun nexo de unión.

Toca adaptarse.

Si, a todos, xa non só ás festas de Santa Uxía. O máis importante é superar a situación e sobre todo salvagardar as vidas dos demais.

Que teñen en mente?

Algo moi sinxelo. Vamos a celebrar unha misa solemne na Porta do Sol (12.00 horas). Dentro do templo non se pode, polo aforo. Farémola fóra, dispoñeremos todo para que se manteña a distancia de seguridade e evitar todo tipo de aglomeracións. Temos un grupo de xente que se vai dedicar a iso, que son colabores da parroquia, catequistas e de Cáritas. Con eles sabemos que esas medidas vanse a cumprir.

De que saúde goza Santa Uxía? Parece que está lonxe das grandes festas da cidade.

Eu sei como é dende que estou aquí. Trato de darlle todo o impulso que se lle pode dar. Para nós é un día moi importante, porque é o da unidade de toda a parroquia, a pesar das nosas diferenzas. É un momento para estar xuntos e sentirnos un só. Iso é algo que nos falta. Non digo que haxa división, pero non nos sentimos dunha soa parroquia.

Ribeira ten un condicionante. Está nesa delgada liña entre un gran pobo e unha cidade pequena. Iso pode afectar?

É moi grande, pero fáltanos coñecernos. Non podemos axudarnos se non nos coñecemos e non nos creemos parte disto. Nós queremos contribuír a unha unidade. Cando se fala de gastar na parroquia, de comprar nas tendas de aquí, ou por exemplo a páxina web de RibeiraStore. Nós creemos que se non hai ese sentimento de parroquia daranos o mesmo o resto con tal de salvarnos a nós mesmo. E aquí non é só salvarme eu, senón ser xeneroso e estar atentos aos demais.

Neste mundo véxoo complicado.

Pode sonar utópico, ou que é unha cousa que está moi lonxe, pero se non traballas por ela é como non crer en nada. Eu sinto que é posible que toda a xente poña da súa parte, aínda que sexa un pouquiño.

Cómo querería que se vira Santa Uxía?

Gustaríame que como algo de todos. A veces valoramos as cousas só polo seu retorno económico. Este ano a festa non é festivo local. Un dos razoamentos que se utilizou é que outras festas repercuten máis economicamente cara certos sectores. Iso é importante. Pero é tan importante o material como o inmaterial.

Cre que esa batalla en prol do festivo local non está xa perdida?

Eu nunca a darei por perdida. É moi importante que Santa Uxía sexa festivo. E moita xente o ve así. Non significa estar en contra de outros. A pena é que non poidamos ter tres festivos locais. Non quero que o día da Dorna deixe de selo, nin tampouco o martes de carnaval.

E por que Santa Uxía si?

Por esa razón, porque é o momento de xuntarnos e tomarlle o pulso á vida da parroquia. Serviría para saber as nosas debilidades e fortalezas.

Que meta se puxo nesta etapa en Ribeira?

A máis importante, que a parroquia sexa aberta para todos. Que todos nos sintamos responsables, e onde a participación sexa con liberdade. E que a mensaxe do evanxeo estea nas nosas actitudes, non só nas palabras.

 

Fuente: La Voz de Galicia