Conchi Vázquez: “Deus se fixo e se fai presente a través de tantas e tantas persoas marabillosas e bondadosas”

  • La Directora de Cáritas Interparroquial de Pontevedra ha realizado la primera de las invocaciones a San San Roque y San Sebastián en esta novena extraordinaria

En Santa María la Mayor de Pontevedra, hoy ha dado comienzo la novena extraordinaria de rogativa y acción de gracias a San Roque y San Sebastián, históricos benefactores de la ciudad contra las enfermedades contagiosas como la peste bubónica, el cólera morbo y, ahora, la Covid-19. En esta primera jornada ha sido la directora de Cáritas Interparroquial de Pontevedra, Conchi Vázquez Val, la encargada de pronunciar la invocación: el primero de nueve testimonios con los que, a lo largo de los próximos días, se pretende dar voz a diversos colectivos y particulares que, desde distintos ámbitos de acción, se han visto especialmente afectados o implicados en la lucha contra el coronavirus.

Durante su alocución, Vázquez Val ha destacado cómo, en esta pandemia, “Dios se hizo y se hace presente a través de tantas y tantas personas maravillosas y bondadosas” que se han puesto manos a la obra frente al coronavirus. Asegura que, desde Cáritas Interparroquial de Pontevedra se ha procurado no perder de vista a las familias y grupos sociales más vulnerables y en riesgo de exclusión, agradeciendo toda la ayuda que se ha recibido y recordando que en el mundo existen también otras muchas pandemias, crueles y silenciosas, como el ébola y la malaria o, ya en el ámbito social, pandemias como el hambre o la indiferencia.

Esta novena extraordinaria proseguirá hasta el día 14 (con la salvedad del domingo 9), por partida doble: en horario matutino, en la Real Basílica de Santa María la Mayor, a las 11:00 h., en este caso con invocación; y en horario vespertino, en la Capilla del Santo, a las 19:00 h. En cuanto a las invocaciones, mañana tomará el relevo el director de la Residencia Saraiva de Pontevedra, Ricardo Fra Otero.

 

INVOCACIÓN AO GLORIOSO SAN ROQUE E A SAN SEBASTIÁN

Benqueridos san Sebastián e san Roque: Queremos agradecer e ter como referencia o voso exemplo de vida en situacións moi similares ás que estamos a vivir. Vós estivestes coidando e aliviando ás persoas afectadas polas pandemias (mal chamadas «pestes»), superando o medo ao contaxio e implicándovos a fondo no sufrimento humano. Así transparentastes a un Deus Amor Todotenrura e Compaixón, ese Deus que se fixo e se fai presente a través de tantas e tantas persoas marabillosas e bondadosas, «santas da porta do lado» como diría o papa Francisco.

A iso se nos invita, como persoas seguidoras dese Xesús que acollía ás persoas enfermas, especialmente cando a enfermidade supoñía a exclusión social ou a etiqueta de «pecadora». Ese sufrimento transformábao en sanación, liberdade, fortaleza, alegría, ánimo, agradecemento ou seguimento.

Foron moitas as entidades e persoas que estiveron a pé de rúa todo este tempo. Unha delas foi Cáritas, dende a súa vertente parroquial e Interparroquial. Procuramos estar moi pendentes das familias e colectivos máis vulnerables e excluídos. As persoas sen fogar foron a nosa principal prioridade, pero tamén as que quedaron sen traballo, sen recursos económicos ou sen esperanza.

Agradecemos a xenerosidade de moitas persoas que, sendo conscientes da gravidade da situación, responderon e responden á chamada lanzada nas nosas parroquias e nas redes sociais. A nosa gratitude para esoutras que, sen estar vinculadas a Cáritas, ofrecéronse voluntariamente para axudar no que fixera falta… E tamén a todas aquelas que, descolgando o teléfono, practicaron o don da escoita para aliviar a dor, a soidade, a incertidume ou a desesperanza.

Benqueridos san Sebastián e san Roque: Queremos ser quen de superar a pandemia da indiferenza para ser persoas sanadoras, capaces de acariñar o corazón de quen sofre coa nosa mirada, as nosas palabras e os nosos xestos. Queremos ter presentes tamén ás persoas que noutros lugares do mundo, coma o continente africano, levan padecendo dende hai décadas pandemias como a malaria, o Ébola e a máis cruel: a fame!!!

Queremos transmitir esperanza e contaxiarnos desa humanidade e fraternidade nova, porque… «non podemos vivir alleos ao sufrimento de quen padece». E como ben di o bispo Pedro Casaldáliga: «Ao final do camiño van dicirme: Viviches? Amaches? E eu, sen dicir nada, abrirei o meu corazón cheo de nomes…».

Conchi Vázquez Val
Directora de Cáritas Interparroquial de Pontevedra