Día do Seminario

Institución necesaria, prioritaria, na diocese. Con razón é chamada o corazón da diocese. Porque forma ós sacerdotes que despois son distribuidos polo bispo ao servizo das parroquias. Talmente a como o corazón sega co seu sangue ó corpo humano

Pero se o Seminario non recibe vocacións, nada ou pouco pode aportar á diocese. Estamos así nunha situación de emerxencia. Veñen á mente as palabras de S. Paulo (Rom. X, 14): “¿Como invocarán ao Señor se non cren nel?, ¿cómo crerán se ninguén llo anunciou?, ¿cómo alguén llo anunciará se ninguén é enviado a evanxelizar?.

Velaí o no da cuestión. Vaise perdendo a vida cristiá se non hai sacerdotes que anuncien a Xesuscristo coa palabra e o exemplo.

No caderno V para a Renovación Pastoral que ha de facer o Sínodo Diocesán, lemos o seguinte: (páx. 28, b) “Dentro de nove anos, tan só haberá na diocese 147 sacerdotes menores de 75 anos”.

No mesmo Caderno dise que: “Algunhas persoas poderán ser  designadas polo párroco como responsables da comunidade, encargándose da catequese, celebración da palabra, ministros da Comunión”.

“En cada igrexa ten que haber algunha persoa ou familia que se responsabilice do digno mantemento e conservación do templo e dependencias” (páx, 27)

Así mesmo:”Cáritas e enfermos, presencia na vida pública”.

“Un novo mapa das Unidades Pastorais, si, pero o imprescindible é a renovación pastoral da diocese” (páx. 28).

Penso que o futuro dependerá da incorporación do laicado para misión que hoxe fan os sacerdotes.

Xosé Pumar Gándara