Egueire pecha o seu décimo aniversario disfrutando en Mazaricos dos seus éxitos en Costa de Marfil

O pasado sábado 27, Egueire Ong da man do concello de Mazaricos, celebrou unha gala na Casa da Cultura de Mazaricos para clausurar as celebracións do décimo aniversario da ONG e facer un repaso do traballo realizado o longo desta década ca mirada posta en todo o traballo que queda por diante.

Presentada a gala por Tito Villazala e con música da mazaricana Yasmina Zarhani, contouse ca intervención do alcalde de Mazaricos Juan José Blanco quen agradeceu o traballo que está a realizar Eugueire e o papel do presidente Desiré Kouakou Tanoh a quen lle dedicou unhas afectuosas palabras. Un dos momentos máis emotivos para os membros da ONG veu da mán da veciña da Ameixenda Betty Caaamaño, membro da ong, quen repasou a sua experiencia en Costa de Marfil na última viaxe que se realizou para a inauguración da maternidade o pasado ano, e explicou entre anécdotas a sua experiencia e a situación do país africano.

A última intervención veu de parte do presidente da Ong, quen agradeceu todo o traballo realizado o longo destes dez anos; traballos hixienico sanitarios (maternidade…) educativos (restauración aulas, apertura de bibliotecas, a granxa escola…) e de promoción económica (axudas a 9 cooperativas, entorno a 600 mulleres), proxectos nos que se invertiron arredor de 300 000€, grazas a colaboración dos socios e as aportacións da xente na compra de lotería do nadal ou a asistencia a festas africanas e comidas e ceas solidarias.

Non se pode tampouco esquecer os proxectos de sensibilización que realiza a ong na nosa costa para mostrarnos a realidade de Costa de Marfil e a súa cultura coas visitas de grupos marfileños, rastrillos solidariose as charlas realizadas polo presidente en centros educativos, o libro “Voces en la Selva” ou a magnífica exposición fotográfica de Marcos Rodríguez que esta recorrendo Galicia e que ese día fixo parada en Mazaricos.

Grandes novas dende Costa de Marfil

Nestas datas Egueire aparte de celebrar estes dez anos de solidariedade, ten grandes novas, como o inicio do funcionamento da maternidade que esta abrindo as portas a vida.

Ademais, tamén comezaron coa limpeza dos terreos que se van destinar para a construcción da granza escola, duras tarefas que están realizando César e Joseph tras a súa formación no EFA Fonteboa.

Dous proxectos nados na Costa da Morte e que van facer un pouco máis autonómas ás xentes de Costa de Marfil.

 

Fuente: quepasanacosta.gal