Elisa Sierra: “Sentimos unha enorme preocupación polo novo curso e a incorporación do alumnado e profesorado ás aulas”

  • Una docente realiza la octava de las invocaciones a San Roque y a San Sebastián en esta novena extraordinaria de rogativa y acción de gracias

En Santa María la Mayor de Pontevedra, este jueves 13 de agosto ha proseguido la novena extraordinaria de rogativa y acción de gracias a San Roque y a San Sebastián. La invocación de hoy la ha hecho una profesora, Elisa Sierra Martínez. Ante la evolución de la pandemia, asegura sentir “unha enorme preocupación polo novo curso e a incorporación do alumnado e profesorado ás aulas”, especialmente, luego de que los meses de confinamiento hayan evidenciado “que non hai verdadeira docencia sen clases presenciais”. De cara al inicio del próximo curso académico, previsto para el mes que viene, ha pedido a la administración que, “sendo conscientes do perigo que isto supón, proporcionen aos centros de ensino os materiais necesarios para aminorar os riscos”.

En sus palabras, Sierra Martínez se ha acordado especialmente de los niños y de sus familias, quienes, a marchas forzadas, se han visto obligados a hacer la migración al ámbito virtual, a fin de poder continuar con su formación. “Coma docente, sentín por primeira vez na miña vida, unha sensación de impotencia ao non poder comunicarme fisicamente cos meus alumnos”, máxime, en aquellos casos en que la crisis económica derivada de la pandemia ha venido a acentuar todavía más la brecha digital. Así, para esta docente, “nais e pais foron verdadeiros heroes”, al tener que conciliar ya no solamente sus tareas domésticas y puestos de trabajo, presenciales o telemáticos, sino asumiendo también la intermediación con el profesorado, “enviándolles os seus traballos, e todo iso procurando manter a calma e o equilibrio tan necesarios diante dos seus fillos a pesares da angustia e o medo”.

La novena extraordinaria continuará hasta mañana, viernes 14, por partida doble: en horario matutino, en la Real Basílica de Santa María la Mayor, a las 11:00 h., en este caso con invocación; y en horario vespertino, en la Capilla del Santo, a las 19:00 h. En cuanto a las invocaciones, este viernes tomará el relevo una persona del ámbito de la cultura y el periodismo, el escritor Rodrigo Cota.

 

INVOCACIÓN AL GLORIOSO SAN ROQUE Y A SAN SEBASTIÁN

Queridos San Roque e San Sebastián:

Neste momento tan complicado tanto a nivel sanitario coma económico, onde vemos que a enfermidade non nos deixa e día tras día espertamos coas novas non desexadas doutros focos de contaxio, tanto na nosa comunidade coma no resto do mundo, e cando a pesares das medidas tomadas e dos avances realizados no campo da ciencia e da medicina, o perigo persiste, sentimos que necesitamos levantar os ollos ao Ceo e pregarlle a Deus, o noso Señor, que pola gloriosa intercesión destes queridos Santos, poidamos deixar atrás tanta dor, angustia, incerteza e medo que nos produce esta pandemia, tanto a nós, coma ás nosas familias, amigos e compañeiros.

Eu, coma docente, sentín por primeira vez na miña vida, unha sensación de impotencia ao non poder comunicarme fisicamente cos meus alumnos, só o podía facer a través do correo electrónico, contestando decenas de mensaxes todos os días, no momento no que as nais e pais podían envialos e que normalmente era pola noite, cando deitaban aos cativos e podían enviar os seus traballos.

Procuraba ser o máis clara posible nas miñas explicacións, pero… como sabelo sen lles mirar as súas cariñas, sen escoitar as súas dúbidas, sen correxir os seus erros, sen escoitar as súas risas?

Canto añorei aquelas clases normais, presenciais!  Ata topaba en falta o barullo dos recreos, que en circunstancias normais resulta bastante molesto…

Non quero nin pensar na situación de tantas familias, na que o confinamento as topou faltas de recursos: ordenadores, impresora… ou sen unha preparación básica nesta materia, tendo que traballar ao mesmo tempo, na casa ou fóra, tendo que atender á familia e por riba apoiar as tarefas dos seus fillos facendo de intermediaria entre eles e os profesores, enviándolles os seus traballos, e todo iso procurando manter a calma e o equilibrio tan necesarios diante dos seus fillos a pesares da angustia e o medo.

Na miña opinión estas nais e pais foron verdadeiros heroes.

Unha cousa nos quedou clara aos docentes nestes meses de confinamento:

Que non hai verdadeira docencia sen clases presenciais e sentimos unha enorme preocupación polo novo curso e a incorporación do alumnado e profesorado ás aulas.

As nosas autoridades están facendo o posible para paliar os efectos directos e indirectos desta pandemia, e pola nosa parte sabemos que temos que seguir atentos e no baixar a garda, aplicando todas as medidas de hixiene e protección que sexan necesarias. Por iso, queremos presentarlle a Deus, pola gloriosa intercesión de San Roque e de San Sebastián:

 A todos os docentes coa súa carga engadida, por esta situación, de preocupación e

responsabiblidade.

A todos os nenos e nenas que terán que incorporarse este novo curso seguindo os protocolos establecidos para a súa seguridade, e ás súas familias que terán que adaptarse, non sen dificultade, a esta nova situación.

Pedimos tamén polas nosas autoridades, para que sendo conscientes do perigo que isto supón, proporcionen aos centros de ensino os materiais necesarios para aminorar os riscos.

E dámosche grazas pola encomiable labor de tantas persoas que co seu traballo e voluntariado, poñendo en moitas ocasións a súa vida en perigo, colaboraron para que hoxe estemos aquí e o poidamos contar.

Moitas grazas!

Elisa Sierra Martínez