En Carballo, Semana Vocacional e Vodas de Ouro Sacerdotais

O día 18 de decembro, cúmprense 50 anos da Ordenación Sacerdotal do párroco de Carballo D. José García Gondar, que o Cardenal D. Fernando Quiroga lle conferiu o 18 de decembro de 1965, na Capela do Seminario de Belvís. Con este motivo, García Gondar quere celebrar a Misa de Acción de Gracias e renovar as promesas sacerdotais ante a Parroquia e rodeado dos amigos e irmáns sacerdotes. Por iso, invita de corazón a que o acompañen neste día.

Como preparación para a celebración das Vodas de Ouro celebraremos unha Semana Vocacional con este programa:

No Catecismo do 11, 12 e 13 de decembro: catequese vocacional e información sobre o Seminario, a cargo dos formadores do Seminario Menor.

Luns 14, ás 20,30 horas: o Deán da Catedral D. Segundo Pérez falará do “Sacerdocio na Igrexa” (dentro do curso de Axentes de Pastoral)

Martes 15, ás 20:30 horas: proxección da película “Prefiero el Paraíso”, e coloquio sobre a mesma.

Mércores 16: presentación do Libro “50 anos dun Cura feliz”, que publiquei con motivo das Vodas de Ouro.

Xoves 17: 12:00 horas de Adoración ao Santísimo e de oración polas vocacións e santificación dos sacerdotes.

Venres 18:

Ás 18:15 horas: Misa para os nenos do catecismo.

As 20:00 horas: Misa de Vodas de Ouro. (despois da Misa hai chocolate con churros para todos)