En primera línea II

O Padre X. Xosé é  un dos capeláns hospitalarios destinado no CHUS. Na súa quenda de atención semanal comproba, día a día, como o coronavirus alterou o a pelexa pola saúde nestre Centro. Admirador nato dos profesionais da saúde e dos que traballan na “intendencia” do Hospital, é testemuña dese particular “universo” que supón a atención aos afectados pola pandemia cos aparatosos traxes protectores. “O persoal suda”, afirma o sacerdote, condensando no concepto “suor” toda a tensión que viven no Clínico. Agradece a vocación xenerosa dos que traballan para curar.

Sostén que o principal da tarefa do Capelán consiste no presencial: estar. Porque non é pouca a xente que se observa achegarse á Capela, sempre aberta para rezar. Tamén procura facerse visible polas plantas do Hospital, pois un sorriso, unha palabra de ánimo, non se lle nega a ninguén. E, por suposto, a disponibilidade para o servizo dos sacramentos. Asume, custándolle encaixalo, que non queda outra que o illamento forzoso para os contaxiados polo virus. Xa tivo que dispensar a Unción dos enfermos a unha persoa afectada. É propio dos cristiáns acompañar na enfermidade.