Escola de Familias do Seminario Menor

Estades invitados á primeira sesión da Escola de Familias do Seminario Menor, na que contamos con Cristina Cons licenciada en Pedagoxía e experta en educación afectivo-sexual. Con ela descubriremos a sexualidade e o amor dende unha concepción integral da persoa.

Este ano as sesións serán os Xoves de 18h a 19 h .

Esta escola quere ser unha escola aberta a todos os educadores, pais e nais, avós, familias que queren atoparse con outros para dialogar. Unha aperta.

Dpto.Orientación Seminario Menor