A Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago de Compostela celebra o 45 aniversario da súa fundación, e polo tanto do Escutismo Católico en Galicia. Dita celebración terá lugar DM o próximo sábado 28 de abril, durante a celebración do San Xurxo.
Lugar: Centro Scout Abeiro, Parroquia de Santa María de Figueiras (Santiago de Compostela). Dirección: Rúa Agra da Igrexa, 157. C.P.:15897.
Segundo a seguinte orde do día:
- 16:15h: Recepción e benvida.
- 17:00h: Eucaristía de Campaña presidida polo Excm. Sr. Arcebispo de Santiago Monseñor Julián Barrio.
- 18:00h: Bendición do Centro Scout e descubrimento da placa conmemorativa do aniversario da ADE de Santiago, dos membros de honra da nosa asociación e de xeito especial unha homenaxe póstuma a Manuel Valentín Regueiro Muñoz.
- 19:00h: Foto conmemorativa e peche.