Exposición de pintura do Irmán Luis de Osera: “Con ollos de misericordia…”

O vindeiro 1 de decembro ás 20:00 hs, inagúrase, no pazo da Peregrina de Bertamiráns, a Exposición de pintura do Irmán Luis de Osera organizada pola Parroquia de Ortoño.

“Con ellos de misericordia…” é unha mostra de 15 obras da creación artística deste monxe de Oseira. Nesta ocasión expón por primeira vez en Bertamiráns unha mostra dedicada á Virxe María ao longo dos anos.

O irmán Luis nace en Madrid no ano 1946. Licenciado en Belas Artes mergúllase nos movementos da moda no Londres de 1968.

A súa conversión e retorno á Igrexa tráeno ata Ourense en 1975, sendo en Oseira donde Deus lle amosa o camiño e faise monxe en Oseira.

A súa actividade artística iníciase entón en actividades literarias de carácter espiritual.

As exposicións das súas obras sucédense ao longo de todos estes anos amosando coñecementos en diversas disciplinas artísticas. Pintura, gravado, repuxados en prata, esmaltes, ilustracións para libros, decoración de estancias, terracotas… ata un cómic de 300 páxinas son o reflexo a paixón artística do irmán Luis de Oseira.

A exposición pode verse do 1 ao 7 de decembro en horario de 17:00 a 19:30 hs. A entrada é gratuita.

Foto: Pazo da Peregrina | Wikipedia