Festas patronais en Carballo

Despois da Novena preparatoria, celebráronse as festas patronais en Carballo, este ano sen música e sen festeiros invitados. Pero, gardando as distancias e coas mascarillas, máis unidos como familia e como Comunidade parroquial. Nestes días houbo unha pregaria agradecida polos defuntos, especialmente polos que nos deixaron durante estas semanas.

2020, un San Xoán especial

Este 24 de xuño de 2020, festivo autonómico e local, permitiu aos veciños de Carballo celebrar as festas patronais en honra a San Xoán Bautista dunha forma diferente. Ás doce e media, con representanción de todos os grupos políticos municipais, outras autoridades e fregueses da Parroquia, tivo lugar a celebración da Eucaristía sen festeiros invitados, pero gardando as distancias e coas mascarillas.

A misa estivo presidida por José García Gondar e concelebrada por Ricardo Gondar e por Xosé Pumar. Na homilía, García Gondar, destacou a figura de San Xoán Bautista: “El foi o máis grande dos nados de muller antes da chegada de Cristo, en palabras do mesmo Xesús, no Evanxeo”.

Posteriormente, escoitouse a tradicional invocación ao Santo Patrón que o alcalde, Evencio Ferrero, realizou por décimoquinta vez consecutiva. No día de hoxe non se realizou a tradicional procesión entre as rúas de Carballo.

Homilía completa de José García Gondar

 

Invocación do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero

A Fiesta do Corpus Christi

Xoves 25 de xuño, segundo día consecutivo dos actos relixiosos do San Xoán. Día do Corpus Christi, a Solemnidade do Santísimo Corpo e Sangue de Cristo, a Festa do Santísimo Sacramento. Sabemos –Cristo díxonolo— que Deus é amor. E a proba máxima dese amor é a presenza permanente de Jesús, o Mestre, no sacramento da Eucaristía.

Ás doce e media, con representanción de todos os grupos políticos municipais, outras autoridades e fregueses da Parroquia, tivo lugar a celebración da Eucaristía sen invitados, pero gardando as distancias e coas máscaras. Estivo presidida por José García Gondar e concelebrada polo Xosé Pumar, Manuel Carrero e Jorge Oliveira.

Ao terminar a Misa, tivo lugar a procesión: os funcionistas levaron o Santísimo Sacramento nunha carroza engalanada, acompañado soamente polas autoridades nos funcionistas. Percorreu a rúa Jacinto Amigo, a Gran Vía, a Rúa Cervantes, a rúa Valle Inclán, a rúa Vázquez de Parga, e Praza Galicia. Nos tres altares de costume deuse a bendición. Varios veciños agardaban en cada unha das paradas, onde o Santísimo foi recibido con choivas de pétalos desde os balcóns máis próximos.

Homilía íntegra de José García Gondar:

 

 

Os carballeses encoméndanse á nosa Señora do Carmen

Este venres 26 de xuño, terceiro día consecutivo dos actos relixiosos do San Xoán, celebrouse a festividade da nosa Señora do Carmen, copatrona de Carballo. Ás 12 e media tivo lugar unha misa na igrexa parroquial, presidida por José García Gondar e concelebrada por Xosé Pumar e Jorge Oliveira.

Homilía íntegra de José García Gondar