Gañadores nos Franscars

O Seminario Menor da Asunción convertíase a pasada semana no gañador da segunda edición do Concurso Franscars organizado polos nosos compañeiros do colexio La Salle. Con cinco premios obtidos dun total de oito, os nosos alumnos convertéronse nos gañadores deste concurso de cortos en língua francesa.

As categorías nas que obtivemos os mellores resultados foron: Bande-annonce, Affiche de film, Bande-sonore adaptée, Montage e Court-métrage.

Ao longo deste proxecto quixeron traballar un tema tan de actualidade coma son os refuxiados e a migración. Unha fermosa reflexión sobre os valores que intentamos cultivar día tras día e que son a mellor expresión da nosa fe.

Noraboa aos gañadores e, de xeito especial, ao profesor de Língua francesa!!

Fuente: www.smasuncion.es