Homenaxe a Don Guillermo Eirís Cabeza (Párroco de San Pío X)

Un grupo numerosísimo de amigos rendíronlle unha merecidísima homenaxe a D. Guillermo Eirís Cabeza, Cura Párroco de San Pío X da Coruña.

Nesta homenaxe, que tivo lugar o domingo 31 de xaneiro de 2016, nas instalacións do Restaurante Arcade do Hotel Plaza en Catro Camiños, estiveron presentes 150 persoas. Varias decenas
máis amosaron, por diversos canles, a adhesión ao acto. Entre os asistentes, ademais do presidente da Comisión Organizadora D. Severino Suárez Blanco (Arcipreste de Riazor), estaban o administrador da parroquia D. Alfredo salesiano, o Vicario Episcopal na Coruña D. José Luis Veira Cores, o Cónsul Honorario de Chile nesta Cidade, e os compañeiros das parroquias da
Coruña e de algunhas de fora da cidade. Entre os familiares asistentes, atopábase o seu irmán Andrés, acompañado da sua dona, así como varios sobriños.

Desde estas páxinas, todos os seus amigos, feligreses e compañeiros, enviamoslle unha FORTE APERTA, co maior dos desexos dunha pronta e fructífera recuperación.

Foto: La Voz de Galicia