II Escola de Voluntariado Mans Unidas

A Escola de voluntariado de Manos Unidas Galicia é unha proposta formativa e vivencial dirixida a mozas e mozos galegos de entre 18 e 35 años, que pretende dotarlles de ferramentas e capacidades para o traballo en favor da Axenda 2030, mellorando a comprensión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e do papel fundamental que a cidadanía, a través do voluntariado, ten para lograr superar as inxustizas e desigualdades existentes na actualidade.

A escola de voluntariado enmárcase dentro do proxecto do promoción do voluntariado, financiado pola Deputación da Coruña.

A escola de voluntariado desenvolverase como un campamento de voluntariado para a sostenibilidade, nas instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña) durante os días 6 ao 9 de agosto.

PROGRAMA
Xoves 12 de Agosto
10:45 Recepción das persoas participantes.
11:00 Presentación do programa e introdución
14:00 Comida
16:00 Introdución ao Voluntariado
18:00 A participación social, clave para a consecución da axenda 2030
20:00 A Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS)
22:30 Obradoiro sobre o ODS 1. Loita contra a pobreza

Venres 13 de Agosto
10:00 Obradoiro de agroecoloxía.
16:00 ODS 2. Fame Cero: Desmontando os mitos dá fame I
18:00 ODS 2. Fame Cero: Desmontando os mitos dá fame II
20:00 Obradoiro: Que podemos facer para acabar coa fame?
22:30 Videoforum

Sábado 14 de Agosto
10:00 Ruta de sendeirismo
16:00 ODS 13 Acción polo Clima
18:00 ODS 12 Produción e Consumo responsable
20:00 Obradoiro
22:30 Festa de conclusión.

Domingo 15 de Agosto
10:00 Obradoiro de agroecoloxía
12:00 O papel da sociedade civil nas Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Videoconferencia co
Responsable de CIDSE (Rede europea de ONGD’s)
16:00 Avaliación e despedida.

O campamento ten un prezo de 40,00 euros, que inclúe o aloxamento, pensión completa desde a comida do día 12 á comida do día 15, a contratación do seguro e a posibilidade de transporte desde Santiago de Compostela a Vilasantar, para aqueles que o necesiten.

As persoas participantes terán que levar unha saba baixeira, funda de almofada, saco de durmir, roupa e calzado cómodo e apropiado para actividades de tempo libre.

As actividades realizaranse nas instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña).

O proceso de inscrición finaliza o 25 de xullo. As prazas confirmaranse a través do enderezo electrónico, previo pago por transferencia bancaria da inscrición, e incluirase como concepto: Campamento e o teu nome completo, na seguinte conta bancaria:

Titular: Mans Unidas
ABANCA ES76 2080 0300 8930 4004 4605