Jornadas de Cáritas en San Cristovo das Viñas

No mes de Outubro, Cáritas Parroquial de San Cristovo das Viñas celebrou unhas xornadas nos locais parroquiais de San Cristovo das Viñas baixo o lema Taller de motivación para a formación e o emprego. Este pequeno cursiño nace da colaboración entre a Cáritas Parroquial e a Federación do Secretariado Gitano de A Coruña.

É esta a segunda ocasión en que ambas entidades colaboran e aúnan recursos a prol da promoción da comunidade xitana que pertence a San Cristovo. As sesións estirevon orientadas a un grupo de mulleres entre 17 e 24 anos, que se atopan sen rematar os estudos, sen acceso ao mundo laboral e ás veces con cargas familiares.

As rapazas novas da comunidade xitana son persoas dobremente vulnerables, pois por unha parte se ven sometidas aos esquemas moi conservadores das súas familias, que non entenden as súas ansias de formación e autonomía e por outra ante a sociedade que recea da súa comunidade, delas mesmas e acolle con prexuízos e con actitudes discriminatorias a integración na vida común. O día 28 na finalización do curso estiveron presentes por parte do SG, Maite Serra, delegada da FSG en A Coruña, Vanesa Pato e Zaida Jiménez, orientadora laboral e educadora social da FSG, e por último ademáis do voluntariado de San Cristovo, por parte de Cáritas Interparroquial de Coruña e diocesana de Santiago, don Vicente Martelo, director da mesma e a traballadora social, Andrea Lago