La Parroquia de Carballo clausura el Año de la Misericordia con un acto de Cáritas

Mércores 16 de Novembro. Salón de actos da Parroquia de Carballo. Ás 20:30 hs tivo lugar o acto de clausura do Ano Xubilar da Misericordia, a celebración do “Dia sin Techo” e a Campaña de Nadal de Caritas organizado pola Parroquia San Xoán Bautista

O acto estivo presidido por José García Gondar, párroco e Consiliario de Caritas nesta parroquia. Estivo acompañado na mesa por Xosé Pumar Gándara, sacerdote membro do Equipo Sacerdotal da Comunidade Interparroquial, Anuncio Mouriño Rañó, director de Caritas Diocesana, Francisco Suárez Calvo, presidente de Caritas Interparroquial de Bergantiños, e Chicha Calvo Pumpido, presidenta de Caritas Parroquial de Carballo.

Asimesmo, estiveron presentes Aurelio Núñez Centeno, Deputado autonómico, e os Concelleiros representantes dos distintos grupos políticos que compoñen o goberno Municipal, colaboradores e voluntarios, veciños…

Despois dunha pequeña oración, Xosé Pumar Gándara deu un relatorio sobre “Xustiza, Caridade e Misericordia”, que podemos escoitar a continuación:

Posteriormente, José García Gondar presentou o proxecto “Madre de Misercordia”: unha imaxe da Virxe que se vai colocar no adro parroquial e un mural sobre o fillo pródigo.

A continuación, Fina Rey presentou o informe estatístico da ocupación do Albergue para transeúntes “San Juan Bautista”. E Maite Prieto, educadora social de Cáritas informou sobre os horarios e actuacións que se van a levar a cabo en torno á Carpa de Cáritas.

Rematando o turno de intervencións, Anuncio Mouriño Rañó deu as grazas a todos os colaboradores, voluntarios… e animou a todos os presentes a deixar unha “huella” practicando a caridade e facendo un mundo máis xusto.

Finalmente, inaugurouse a Carpa de Cáritas,  instalada fronte ás oficinas parroquiais, que estará aberta en horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 de luns a venres, desde o 17 de novembro ata o 16 de decembro.

Galería de imaxes

Más información