O Belén estará na Praza do Obradoiro

Cada ano, desde fai millóns de anos, pobos de África, América, Europa, Asia e Oceanía achéganse a contemplar o nacemento como quen contempla toda a creación. O que o mundo celebra en Nadal é o nacemento de Xesús no pesebre. Sen Belén, non hai Nadal.

Poñer o Belén no centro da cidade, na Praza do Obradoiro que é lugar de acollida, é un símbolo de paz, de amor e xustiza. Iso é o que queremos facer moitos en Santiago o xoves 22 de decembro ás 12h.

O Movemento Cultural Cristián co apoio das Parroquias, capelas e numerosas asociacións, institucións, comercios e centos de sinaturas de cidadáns organizámonos para que o Belén estea na praza pública e sexa cousa do pobo, e non dependa exclusivamente da vontade das institucións.

O Belén que poñeremos está realizado con materiais de refugallo para simbolizar o que se anunciou no Salmo: “A pedra que desbotaron os canteiros convértese en pedra angular”

XOVES 22 DE DECEMBRO
12H. Colocaremos o Belén na Pza do Obradoiro.
Breves palabras.
Panxoliñas.