O director do Instituto da Familia de Ourense falará sobre fillos adolescentes no Seminario Menor o día 17 de maio

Aproveitando a festividade do Día das Letras Galegas, o Seminario Menor convoca unha xornada aberta para tódalas familias que queran asistir. O acto principal será a conferencia impartida por D. Xosé Manuel Domínguez Prieto, director do Instituto da Familia de Ourense, que levará por título A viaxe da vida do noso fillo adolescente. Terá lugar o vindeiro martes día 17 de maio no Salón de Actos do Seminario Menor ás 11:30 h. Trala conferencia, a Celebración Eucarística na capela do Seminario.