O futuro tamén pasa

Frase que pronunciou un ilustre político galego. Somos tan fugaces os humanos, que o tempo corre sen decatarnos.

Pois pasou o mes de xaneiro, as eleccións, os Reis Magos, o S. Paio da Devesa…Empezamos febreiro. Xa cunha hora máis no día en San Brais, como di o noso refrán. En canto ao trópico, a terra, a nosa casa (como di o papa Francisco) vai acelerar a marcha nos movementos de rotación e traslación. O eixe da terra irá gañando verticalidade. Cando cheguemos ao solsticio de verán, o globo terráqueo inclinarase cara adentro, disminuirán os movimentos. Como un ciclista que corre moito na recta pero ten que inclinarse na curva e desacelerar.

Isto sabémolo desque fomos á escola. Pero non cabe duda que febreiro, coa Purificación da Nosa Señora e Presentación do Neno no Templo (propiamente final do tempo de Nadal) alegra os  corazóns e rompe a monotonía de xaneiro. Haberá nenos/as nas igrexas, bautizados hai un ano, e pais e padriños volven a recordar os seus compromisos con fillos e afillados.

E xa S. Brais. Para vencer catarros, gripalladas, moitas veces consecuencia de calefaccións excesivas. Se ademais somos ben falados, darase por satisfeito o santo de Sebaste, quen, sendo bispo, leva o palio correspondente aos metropolitanos.

Que o santo axude ós que teñen a misión litúrxica de promover o canto nas ceremonias da igrexa, nas que o pobo de Deus debe participar.

Xosé Pumar Gándara