O Seminario Menor fai o Camiño

Ao longo do curso pasado puxemos en marcha a experiencia de realizar xuntos o tramo do Camiño portugués a Santiago que transcorre polas nosas terras. Tendo en conta o positivo de dita experiencia e facéndonos eco dos desexos que moitos de vostedes nos fixeron chegar, este ano decidímonos a iniciar un novo tramo, neste caso do Camiño francés.

Comezaremos este sábado, día 17, e partiremos dende O Cebreiro coa intención de chegar ata Triacastela, onde, como cada xornada, xantaremos e celebraremos a Eucaristía dominical antes de voltar para o Seminario.

Recordamos, a continuación, algúns datos básicos de interese:

Data: Domingo 17 de outubro.

Etapa: O Cebreiro – Triacastela.

Material necesario: Calzado cómodo e forte, roupa de abrigo e para cambiarse (se nos mollamos), chubasquero, botella de auga, comida de cada día…

Saída: Dende o Seminario Menor de Santiago, ás 8:00 h.

Inscricións: Por correo electrónico, indicando: nome e apelidos, idade, relación có Seminario. Dirección: santiromero@smasuncion.es Sempre haberá correo de resposta para asegurar a inscrición. Ante calquera dúbida, poden escribir ao mesmo correo ou chamar ao 981 58 92 00.

Prezo: Obviamente trátase dunha actividade gratuíta, pero é necesario que todos aportemos para dar resposta ás necesidades que temos, coma é o caso do autobús que nos levará e nos traerá cada día.

Poden participar: Tódolos nosos alumnos (internos, externos e mediopensionistas), xunto coas súas familias, o profesorado e persoal do centro, así coma aqueles nenos e mozos que nos queiran coñecer e están pensando na posibilidade de estudar con nós nos vindeiros cursos.

Santiago Romero
Seminarista