O Sínodo Diocesano no programa da TVG “Polo camino da fe”

Este domingo, 6 de novembro, a TVG emitiu un novo capítulo do programa “Polo camino da fe”, dirixido por Manuel Á. Blanco, sendo nesta ocasión o Sínodo Diocesano que se está a celebrar na Arquidiocese de Santiago de Compostela o tema central. Así, podemos ver a Alfonso Novo, secretario Xeral do Sínodo Diocesano, explicando que é un Sínodo, como se organiza, as fases, a meta dos traballos… a Fátima Noya, membro da Asemblea Sinodal, falando da súa función no Sínodo, as súas preocupacións na Diocese… monseñor Julián Barrio, arcebispo de Santiago, reflexionando sobre a orixe do Sínodo, os temas máis importantes que se deben tratar, os cambios, a importancia dos laicos… e a monseñor Jesús Fernández, bispo auxiliar de Santiago, centrándose en como mellorar a pastoral nas parroquias…