O Vía Crucis, camiño da Resurrección

Coñecemos o tradicional que ten 14 estacións. Nas igrexas figuran cadros ou imaxes que representan escenas da Pasión.

Neste Vía Crucis figuran cinco estacións que non constan no relato dos evanxelios, pero están na tradición que se conserva en Xerusalén.

Co papa S. Xoán Paulo II deuse a coñecer un formulario de estacións que se segue en Roma no Vía Crucis do Coliseo na noite do Venres Santo. Todas as estacións están tomadas da síntese que nos ofrecen os evanxelistas.

Os nosos cruceiros son un testimonio da devoción que cristiáns antepasados sentían pola Pasión de Cristo. Mesmo hai encrucilladas, lugares dalgún accidente… que rememoran a Pasión do Señor. Agora, nos novos tempos, tamén hai quen pon un cruceiro na súa finca por razón ornamentais.

O cruceiro galego identifica a nosa terra. Nos adros parroquiais son lugar no que se imparte a bendición co Santísimo. No campo galego, detíanse as conduccións fúnebres para rezar unha oración.

A Deputación da Coruña fixo un catálogo dos cruceiros da provincia. Son varios tomos. Dan unha ficha técnica de cada cruceiro. Moi ben. Quizais falte unha nota sobre a estética, valoración artística e do autor de cada xoia de arte popular, e tamén de grandes artistas, que nos legaron o patrimonio dos nosos cruceiros.

Castelao e o P. Atanasio (O.F.M.) fixeron moito, no seu tempo, para que sentisemos aprecio polos nosos cruceiros.

A decima quinta  estación é a Resurreción do Señor.Pouco a pouco  vai aparecendo esta estación  nos devocionarios relixiosos e tamen na escultura ou cadros nos que se representa o final glorioso da Pasion do Señor.

Si con El sufrimos, reinaremos con El”, como dí San Paulo.

Xosé Pumar Gándara