Pioneiros e pioneiras (14-16 anos) do Grupo Scout Stoas participarán xunto a pioneiros de toda España nun campamento de máis de 200 persoas que terá lugar en Galicia, e terá como actividad principal facer o Camiño de Santiago. A metade farán o Camiño francés e a outra metade o Portugués, haberá unha gran misa na catedral de Santiago na mañá do 8 de agosto, un gran xogo pola cidade compostelá e unha visita á Coruña. Con este encontro os scouts galegos e en especial os da Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago de Compostela (asociación á que pertence o Grupo Scout Stoas) pretenden convivir con outras realidades scouts e reflexionar conxuntamente sobre a fe, os problemas sociais e o seu compromiso cristiá e scout.
Fonte: Pobo de Deus Nº 774