Outono

Este equinocio tráenos un cambio importante no noso vivir cotidián. Equilibran días e noites, o Sol anda baixo e non é bo para as cabezas, as praias desertas pouco a pouco anuncian final do verán. Poden ser un recordo frustrante, pero hai que loitar por afacerse a horarios apremiantes, a estudos novidosos, colexios abertos para todos os niveis de estudantes. Pel morena, relatos das aventuras dun verán que ten que ir pasando a un plano inferior, ou arquivado como un vello, grato recordo.

A quenda de festas tamén se resiste a pasar, e temos así as de Santa Eufemia. Cinguíndonos ás nosas parroquias, está aberta a matrícula para o Catecismo. Imos a preparar plans pastorais nos niveis diocesán, arciprestal e parroquial. Que non son contradictorios, senón o mesmo, con aplicacións particulares en cada caso.

Este curso é a etapa decisiva do Sínodo Diocesán,  asegún anunciou o seu secretario xeral na Asemblea Diocesana. Catequistas, membros de coros parroquiais, todos dispostos a unha xeira nova.

Seguimos no Ano da Misericordia,  que rematará o día 8 de decembro. Un bo propósito pode ser ler e meditar a Laudato Sí, ou Amoris Laetitia, que son documentos pastorais do papa Francisco sobre a ecoloxía e a vida familiar dos cristiáns.

Tamén un repaso, extenso, profundo, das Obras de Misericordia é un traballo para adentrarnos no mundo da Caridade e da Xustiza

Xosé Pumar Gándar