Outra vez sobre “O Himno ao Apóstolo”

O vixente himno Santo Adalid fai referencia á devoción mariana do Pilar de Zaragoza, mentres que o Himno ao Pilar que alí cantan sólo fai referencia a Aragón, nada a Santiago nin a España. Este himno aragonés ten uns compases fortes, de gran tesitura, como é a típica xota aragonesa.

O noso Santo Adalid ten unha introducción solemne, a todo órgano. Pero hai manifesta dificultade cando se repite a estrofa que empeza por será en España la santa fe cristiana. Prodúcese unha alteración musical na primeira vez esixida pola armonía. Son catro puntos que diferencian a música da primeira vez con respecto á da segunda vez. Isto trae como consecuencia un erro na melodía que case sempre o sentimos se cantamos sen decatarnos da dificultade. A segunda vez é fácil, porque segue as leis dunha melodía que remata.

Dicía o meu mestre musical. Sr. Pérez Rajoán, que suprimindo a primeira volta xa non había lugar a ese erro tan común na xente e mesmo en coros non debidamente preparados.

Quedaría acurtado o himno. Defenden algúns que a interpretación da composición xacobea debe durar tanto canto dura un voo do botafumeiro, pois os fieis cantan mentres o botafumeiro perfuma o cruceiro da Catedral.

Penso que se o canto resultase escaso para co botafumeiro, o órgano enchería ben ese tempo orfo de canto.

Polo demais, temos que engadir que o compás do himno acompaña moi ben, acompasa, co camiñar do peregrino que vai a Compostela.

Xosé Pumar Gándara