Parroquia de guardia de hoy: Parroquias de Cambre y Brexo

PÁRROCO DE CAMBRE

Manuel Quintáns é párroco de Santa María de Cambre e San Paio de Brexo. Nativo de Santa Comba, terra de moitas vocacións. Vive na casa rectoral, nun edificio histórico que coida con moito esmero e cariño.  Sensibilizado coas situacións máis duras polas que poden pasar as persoas, segue en permanente actividade para manter unidos aos fieis, pendente de que ninguén se sinta só ou desamparado.

Asustados?

Si. Tennos bastante preocupados. Non sabes con que información quedar. Eu xa teño a miña idade. O acercamento físico ponnos medo. Os nosos hábitos tiveron que cambiar, algúns pola necesidade real e outros pola «imposición dos que nos gobernan» que non entendemos ben. Si hai medo. Por exemplo, nos habitualmente temos a Igrexa aberta (menos os luns) durante todo o ano desde as 9:30h ata despois da Misa da tarde e agora témola pechada.

Para sentirnos máis cercanos fixemos un grupo de difusión por Whatsapp: constituímolo unhas 80 persoas. Como párroco, envío un saúdo matutino. A mediodía unímonos para rezar o ánxelus co repique das campás ás 12:00h. (co video, gravámolas tocando e enviámos ás casas ese arquivo, xunto cunha imaxe da Virxe, por exemplo). Rezamos moi unidos. Pola tarde, antes das 20:00h, enviamos o enlace da mensaxe diaria do Arzcebispo e logo rezamos o rosario cada un na súa casa. O envío contén tamén os misterios desta oración, por se alguén os precisa recordar. Chamo casi a diario á xente maior da parroquia, e tamén aos curas do meu arciprestazgo, para falar e animar, quedando todos moi contentos. Eles tamén se preocupan e me chaman. Cónstame que os meus colaboradores están moi pendentes de todos, por se descubrimos a alguén que precise axuda.

Custa permanecer na casa?

Son un privilexiado. Vivo nunha casa que foi mosteiro, e grande e podo pasear, e comunícome directamente coa igrexa. É dos poucos templos que teñen xirola e aproveito para pasear e rezar por ese espazo excepcional. Compadezo aos que viven nun piso pequeno. Ademais, vou ordeando, eliminando papeis e teño ansia por organizarme. Apáñome coa comida, coidando da saúde con cousiñas á prancha, cocidas, etc.  Conto con persoas que colaboran conmigo nas compras ou para ir á farmacia. Aínda non precisei sair. Eu non son o que agotei o papel hixiénico… Fun comprando cousas fundamentais.

Algo que lle axude a ir levando a rutina diaria.

A primeira ocupación que teño e a oración persoal e despois a comunicación constante cos fregueses. Despois de 78 anos e medio nunca imaxinei vivir esto.Teño verdadeira inquedanza pola xente, a súa situación económica, os enfermos, a tristura de ver familias que non poden despedir aos seus familiares… esto estouno vivindo con moita tristura mezclada coa esperanza cristiana.

Lección a sacar desta pandemia

O ser humano considérase prepotente e non é nada. Un “bichiño” de nada é quen de acabar con nós. Oxalá fose unha cura de humildade para todos e cada un de nós que nos levase a unha fonda reflexión. Parece que estamos como no Xénese, queremos ser Deus… e xa se vé o que somos…Se vivísemos como Él nos pide tal vez o mundo sería como El o soñou.

A nivel cercano, decátome da importancia que ten contar cunha sede Diocesana «O Centro de Escoita San Camilo de Pontevedra», que camiña da man dos relixiosos Camilos de Tres Cantos (Madrid). Cando houbera o accidente do Rally de Carral, morreron catro persoas da parroquia  a conmoción fora terrible. A chamada “UMI» (Unidad Móvil de Intervención en Duelo) dos Camilos que nos veu axudar, permitiunos ofrecer un espazo de escoita e acompañamento cristián, pero aberto a quen o puidera necesitar. O resultado foi moi bo. Xusto unha semana antes do confinamento polo virus estiveron na cidade de A Coruña ofrecendo os seus sevicios, presentando o Centro de Escoita Diocesana e dando charlas para sensibilizar nesta tarefa tan importante. A sede de A Coruña ten previsto ser a parroquia de Nosa Señora dos Rosales. En Cambre hai persoas preparadas no acompañamento en duelo.

Unas palabriñas para Deus

“Póñome nas túas mans, Señor, e poño a toda a humanidade. O teu amigo San Roque é un tradicional intercesor en casos coma este. Pero eu vou directo a onda ti, Pai do ceo, amor misericordioso. Coñeces ben, meu Pai, como nos sentimos e o que precisamos cada un. Persoalmente non teño presa en partir. Só desexo camiñar a carón de teu fillo Xesús e da nosa Nai María. Nas tuas mans deixo a miña vida e encomendó a os meus feligreses e demais irmáns.»

Unha dedicatoria

O meu agradecemento e a miña oración para o persoal sanitario e os seus colaboradores. Agradecemento tamén a Igrexa, dende esas monxas facendo mascarillas, capeláns sen proteccións asistindo a enfermos, voluntarios de Cáritas, ata o cura ou segrar que dende o anonimato coida dos demais. Con cariño, quero agradecer a o noso Arcebispo o seu acompañamento diario a toda a diócese.

Na miña oración diaria, un recordo especial para as familias dos falecidos, que quedan sufrindo sin sequera poder despedirse; os enfermos illados, as familias confinadas, moitas sen recursos, moitas con violencia familiar dentro do fogar…a todos e cada un dos que sofren…que todos nos sintamos un, e despois disto que a vida sexa diferente.

Un modo de servir a os demais sen saír de casa

Os fogares, tantas veces pensións ou hoteis onde os seus membros entraban e saían ás horas que podían, sen verse ni falarse siquiera, trocaron por imperativo. A vida en confinamento debería ser unha experiencia de aproveitamento para vivir en familia. Agora pódese dialogar, escoitarse, entenderse, quererse, soportarse e unidos facer fronte ás cousas, rezar xuntos, traballar xuntos… Esta situación de necesidade oxalá se converta nun regalo.

Un soño para o futuro

Que esta pesadela remate pronto. E que aprendamos a deixar a Deus ser Deus, e sabernos criaturas, todos dependentes de todos xa que somos unha soa familia. Eso sería o máis importante: lograr ser TODOS UN. E como imos no mismo barco, remar todos na misma dirección. Como Igrexa soño que, por encima de rituais, estemos sempre ao lado dos sufrintes e sexamos sanadores e salvadores como o Noso Señor.

Estas Parroquias llevan encomendando a los diocesanos desde las 00.00hs en un turno de vela 24 familias.