Paulo de Tarso

É una figura que entusiasma. Vivía no xudaísmo dos seus país, pero non pecou contra a lei . Por iso, este home noble, sincero, amante das tradicións dos seus antepasados, foi chamado á conversión. De “duro perseguidor pasou a ser un suave apóstol”, como el mesmo di.

Encontrouse nunha situación moi difícil. Outro calquera, con menos ánimos ca el, deixaría o cristianismo. Porque desconfiaban da súa conversión algún cristiáns, e para os xudeos era un traidor. Endexamais lle perdoaron que se fixera apóstol de Cristo.

Desde a Palestina a España, pasando Asia Menor, Grecia, Roma…velaí o escenario da súa predicación. Pero ademais, escritor, o máis prolífico do Novo Testamento. Formador de equipos pastorais que continuasen o seu labor. Comunicador entre comunidades que el formara, traballaba no oficio de facer tendas de campaña, que, naqueles tempos, eran productos que tiñan moita demanda. A xente ía polo deserto ou por caminatas longas e precisaba descansar, durmir.

Ter que fuxir dos enemigos, estar no cárcere, naufragar no Mediterráneo…son intres da súa vida de apóstolo. Sentíase feliz no medio da persecución, ofrecía todo pola Igrexa de Cristo.

Un día, aló en Roma, foi degolado como tamén o fora S. Xoán Bautista. Pero a voz de S. Paulo segue resoando en case todas as nosas Misas. Segue el evanxelizándonos, somos discípulos de tan ilustre apóstol.

O día 25 de xaneiro celebra a Igrexa a Conversión deste fariseo para ser o gran Apóstolo de Cristo.

Xosé Pumar Gándara