O pasado xoves 29 de setembro, na reunión do Consello Parroquial, presentouse o Programa Pastoral da Parroquia de Carballo para este curso 2016/2017 co lema “Anda fai ti o mesmo: practica as obras de misericordia”, e con pautas concretas para o seu cumprimento.
Neste sentido, o papa Francisco lémbranos con este XUBILEO DA MISERICORDIA cal debe ser o Programa de vida dun cristián, dunha parroquia e da Igrexa… Por iso, para este Curso Pastoral proponse:
- Seguir medrando como Igrexa na dimensión caritativa e social da fe e practicar as Obras de Misericordia.
- En comuñón coa Igrexa Diocesana participar no Sínodo e levar á práctica as súas conclusións…
- Proseguir coas obras e melloras materiais da Parroquia…
Máis información
- Plan Pastoral Parroquial (PDF)
- “La parroquia carballesa potencia las nuevas tecnologías y las obras en su programa pastoral” (La Voz de Galicia, 2-X-2016)