Reentrada

Nestes días recibimos e proclamamos varias mensaxes.

Empeza un novo curso de catecismo. Nenos/as, pais, avós, teñen que dispoñerse a mandar, acompañar, estimular ós seus nenos para cumprir con esa misión da educación cristiá. Ademais, compromiso serio no día do bautismo.

Os catecismos empezan a funcionar porque hai, afortunadamente, catequistas, mulleres ou varóns que aceptan gustosamente a misión de evanxelizar á nosa infancia.

Tamén os Srs. Curas asumen esta honrosa dedicación como de capital importancia no coidado pastoral que deben ás súas freguesías. Unha vez máis volverán a insistir que a catequesis é unha formación permanente tamén despois da Primeira Comunión. Mesmo as persoas adultas han de ter catequesis actualizada, dirixida á súa madurez, porque reciclarse nos coñecementos da Fe é algo imprescindible. Hoxe máis ca nunca.

Temos o exemplo dos sacerdotes que dedican un día á semana asistindo en Santiago a cursos de formación.

Outro aviso que debemos acoller é o da oración, a do Sto. Rosario en familia. Pouco valerían tantas festividades do Rosario adicadas a Nosa Señora, se a oración máis popular, fácil, tradicional, como é a do Sto. Rosario, non se rezase, anque sexa brevemente, nas nosas familias.

Xosé Pumar Gándara