Reunión no Mosteiro de Bergondo da Pastoral Penitenciaria, coa presenza do bispo auxiliar

O mosteiro de Bergondo acollerá este venres 9 de xullo, as seis da tarde, o encontro diocesano de peche de curso da Pastoral Penitenciaria. Será unha ocasión especial pola presenza do Sr. Bispo Auxiliar, que ademáis de coñecer o traballo da comunidade diocesana no campo da privación de liberdade, dará un novo impulso ó proxecto da Pastoral.

Deste xeito se intenta superar o que foi un ano difícil, marcado pola pandemia, o dobre illamento do Centro Penitenciario, e a interrupción de moitas das actividades da Capelanía. Ademais da ocasión de encontro humano antes do verán, se comezará a preparar o próximo curso.

O encontro está aberto a aquelas persoas que desexen coñecer un pouco máis o mundo penitenciario e o labor da Igrexa neste ámbito.