Semana do desarme

Esta final de outubro quere a ONU que a dediquemos a pensar que a humani-dade precisa desarmarse.

Os humanos somos contradictorios, loitamos contra nós mesmos. Os recur-sos que deberían ser para Sanidade, Educación, Seguridade Social, Desenvol-vemento, etc, adicámolos a facer bombas para a nosa destrucción. Chegamos a tal punto que sentimos a necesidade de controlar e destruír tantas cabezas nu-cleares almacenadas. Pero…hai confianza nas nacións? Parece que máis ben hai quen está na carreira de facerse país nuclear, para causar respecto, meter medo, defenderse, dominar.

A humanidade ten capacidade física para autodestruírse. Deus non o queira!

Dicía o papa: Se seguimos facendo bombas, é posible que un día cheguen a utilizarse. Pode haber políticos desequilibrados, orgullosos, que nos metan en tal abismo.

De vez en cando, xurde a noticia de que tal pobo non quere ser almacén de residuos nucleares. Os ecoloxistas prevennos dos perigos da enerxía atómica. Defenden a utilización de enerxías renovables. Velaí un campo no que progresar: enerxía solar, eólica, mariña… Algo se está facendo.

Desarme, pois. Se cada quen se desarma con respecto ao seu veciño; se fa-cemos algo pola paz; se damos unha oportunidade ó diálogo, ó perdón, tamén estamos facendo algo polo desarme universal.

Xosé Pumar Gándara