Todos somos fillos de Deus

O noso papa Francisco, en xaneiro deste ano, dixo unhas palabras que veñen moi ben ante o día do Domund. Velas aquí: “La mayor parte de los habitantes del planeta se declaran creyentes. Esto debería provocar un diálogo entre las religiones. No debemos dejar de orar por él y colaborar con quienes piensan distinto.

Muchos piensan distinto, sienten distinto, buscan a Dios, o encuentran a Dios de diversa manera. En esta multitud, en este abanico de religiones, la única certeza que tenemos para todos es que todos somos hijos de Dios…”

Moi ben expresado polo admirado papa Francisco, Deus créanos para El, dunha forma ou doutra suspiramos por Deus (S. Agustiño).

Desde sempre houbo na humanidade homes e mulleres preclaros que falaron de Deus, antes de que nos chegara a luz plena do Evanxeo. Pero moitas veces os humanos levantamos fronteiras, guerras, para excluirnos ou dominar sobre os outros.E Cristo, o Noso Señor, tráenos paz, xustiza, amor pleno duns para cos outros..

Mentres non chegue ese tempo no que os humanos nos reconciliemos, a Igrexa é enviada para anunciar ao mundo enteiro a Cristo, morto e resucitado para toda a humanidade.

Poderá haber quen faga da relixión unha causa terrorista. “Demoniaca”, lle chamou o papa a esta perversión da relixión.

A Igrexa padecerá martirio nos seus portavoces (misioneiros/as) como sufriu nos primeiros séculos. Pero ten que seguir evanxelizando.

Todos, si, fillos de Deus, recoñezámolo, ou non. Pero os que coñecemos a Xesuscristo temos a meirande responsabilidade por difundir a mensaxe da Boa Nova ao mundo enteiro.

Todos polo bautismo, somos misioneiros, dunha ou doutra forma, e debemos vivir en gracia de Deus.

Remata o papa Francisco dicindo: “Que el diálogo sincero entre hombres y mujeres de diversas religiones conlleve frutos de paz y justicia. Confio en tu oración”

Xosé Pumar Gándara