Luns, 4 de xaneiro de 2016
Igrexa da Universidade ás 19:30
PROGRAMA
Trazos para una fantasía épica MARIO VIÑUELA
Exulate Jubilate W. AMADEUS MOZART
Bist du Bei Mir J.S. BACH
Benedicat vobis G.F. HAENDEL
Sound the Trumpet H. PURCELL
Cantata 147 J.S. BACH
Hallelujah G.F. HAENDEL
Invierno A. VIVALDI
Ave María P. MASCAGNI
Barcarola J. OFFENBACH
Waltz 2 (Jazz Suite nº 2) D. SHOSTAKOVICH
Pizzicato Polka J. STRAUSS
Trisch Trasch Polka J. STRAUSS
GRUPO ANIMATO
Agrupación formada por Estudantes do Conservatorio Superior de Vigo, que nace coa vocación de continuidade coa finalidade de fomentar e popularizar o inesgotable manancial de música de cámara e todas as músicas galegas que poden ser adaptadas para ser interpretadas por unha agrupación de corda.
Neste anos, o Grupo Animato actuou en diferentes lugares da xeografía galega como no II Concerto Solidario de San Xulián de Ferrol a beneficio de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, celebrado en decembro de 2013 no que formou programa co Coro de Nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixidos por José Luis Vázquez e o Coro de Xoves da mesma orquestra dirixidos por Joan Company. Tamén participou nos ciclos de Novos Intérpretes da Asociación Galega da Lírica no Paraninfo da USC e no Festival de Música de Sabarís 2015. Os seus compoñentes tamén forman parte de xeito individual das orquestras sinfónicas de Pontevedra e Vigo.
Dispoñen dun amplo repertorio no se inclúen pezas vocais interpretadas por soprano, sobre o que efectúan os seus propios arranxos cando a ocasión o require.
Compoñentes:
Sofía Cupeiro, viola e voz
Patricia Túñez, violín
Alba Martínez, violín
Yago García, piano
Raúl Andrade, trompeta
Alberto Calvo, trompeta