Xa está en marcha a VIII Semana de Cine Espiritual en Santiago, que inclúe a proxección de “Little Boy” na xornada de portas abertas

Un curso escolar máis, Escolas Católicas de Galicia organiza, coa colaboración da Delegación de Infancia e Mocidade das Dioceses de Galicia e con BoscoVisión e ProduCinema, a VIII Semana de Cine Espiritual, co lema “Di máis ben Creación” (palabras de Antonio Gaudí a un compañeiro cando estaba vendo a natureza na súa arquitectura da basílica da Sagrada Familia de Barcelona). En Santiago as actividades terán lugar ao longo da vindeira semana, do 15 ao 18 de novembro.

Como novidade, este ano esta actividade propón en paralelo unha visita cultural  e a sesión de cine.  As películas propostas este ano son “Atrapa la bandera”, para alumnos de 3º a 4º de Primaria, “Little Boy” para alumnado de Secundaria e Bacharelato. Na xornada de portas abertas en Santiago, poderase visionar “Little Boy”. Será o día 17 de noviembre no Auditorio dos Franciscanos, trala visita cultural ao Museo de Terra Santa.

As proxeccións dirixidas ao alumnado irán acompañadas, como todos os anos, das correspondentes fichas de traballo, elaboradas pola editorial Edebé, que se enviarán aos colexios e que permitirán traballar distintos aspectos relacionados coa educación en valores e coa acción pastoral.

elgranpequeno