Xornada de portas abertas na Casa de San Cibrán

O vindeiro 29 de Novembro celebrase o Día das Persoas sen Fogar e dende Caritas queremos conmemoralo contando con vos.

Para isto enviamos a invitación á Xornada de portas abertas na Casa de San Cibrán que Caritas Interparroquial ten en Vilagarcía. O obxectivo de esta xornada e que todas aquelas persoas e organizacions que o desexedes poidades coñecer este recurso de vivenda temporal, o seu funcionamento e as súas instalacions.

Sen máis recibide un cordial saúdo e agardamos a vosa presenza o 27 de novembro en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00.