Con motivo do Ano Xubilar da Misericordia, o próximo sábado 2 de abril, as parroquias do Arciprestado de A Maía peregrinan a Santiago de Compostela.
Dúas son as formas de participar
- Camiñando desde Bertamiráns (Praza do Concello): saída ás 9.30 horas.
- En autobús: saída ás 10.30 das igrexas de Covas e Ortoño e de Bertamiráns (parada de taxis).
Os interesados poden anotarse na Parroquia ou na Capela de Bertamiráns ata o 30 de marzo.