Pontevedra acolle un ano máis o Festival Infantil Xuvenil da Canción Misioneira, na súa XXIII edición, no salón de actos do Colexio Calasancio, Rúa de Blanco Porto, 15, 17.00 h.
Trátase dunha celebración Misioneira e Musical, onde Parroquias e Colexios da Diocese de Santiago de Compostela, presentan as súas cancións, letra e música en dinámica Misioneira propias para comprender e asimilar a realidade participativa, solidaria e de achega ás comunidades e núcleos de poboación nos países de Misión.
No intermedio faise entrega ao público asistente de exemplares da revista Misioneira Gesto, como promoción para a posible subscrición ou interese dos asistentes, no concernente ó coñecemento como aditivo fundamental que a sociedade valora e estima, para comprender e poder actuar diante da necesisade palpable sobre a difusión da Obra de Xesús en tódolos ámbitos, especialmente os territorios de Misión.
O Delegado Diocesán de Misións D. David Álvarez Rodríguez, recentemente nomeado neste cargo, compartirá o ánimo das cancións, letras, aplausos, palabras e recordos cos compoñentes dos grupos, familias, amigos, representantes da comunidade das Relixiosas do Colexio Calasancio, Grupo Candela colaborador asiduo do Festival e público asistente, xornada ateigada de xestos, testemuñas e mensaxes, como proposta de cada participante sobre a Obra Misericordiosa de Deus e grazas expresivas aos Misioneiros.