49ª Edición da Pascua Xoven Arousa

E van xa 49 edicións, case nada.

Un ano máis e nas vésperas das vodas de ouro, reunímonos uns 70 moz@s representando a todos os Grupos Pascueiros e en formato dun día, breve pero intenso por mor da pandemia, para vivir e celebrar a Pascua.

Iso si, sexan 3 días como antes da pandemia ou só un día, o que non cambia é a nosa vitalidade, frescura e creatividade.

Reflexionamos, rezamos, cantamos e soñamos espertos acreedor ao tema desta edición, a ecoloxía. Apoiándonos na ‘Laudato Si‘ do Papa Francisco, intentamos dende os nosos lugares de estudo e traballo ir loitando por un planeta máis humano e uns estilos de vida máis acorde coa mensaxe bíblica e os principios da ecoloxia e o civismo.

Cos Faladoiros e o Testemuño do gran produtor de música católica de España, David Santafé, fomos vendo as posibilidades das plataformas dixitais e o mundo das redes sociais para anunciar coas nosas voces e boa música  o proxecto sempre vivo e actual de Xesús o Nazareno.

A Eucaristía foi o punto culminante dunha xornada imborrable onde unha vez máis soaron os cantos pascueiros e o  Aleluia da Terra con alegría e gran devoción.

AGARDO POR TI, foi o slogan desta andaina que nos axuda a prepararnos para o que nos agarda na 50 edición.

 

Fuente: www.axunqueira.com