- Un debate sobre a mobilidade da mocidade profesionalizada en Europa.
Os días 7 e 8 de marzo de 2025, o Colexio Maior San Agustín de Santiago de Compostela acollerá o I Torneo de Debate Académico Universitario Kolvenbach, un evento que reunirá a equipos universitarios dalgunhas das universidades máis destacadas de España para debatir en torno a unha pregunta de gran relevancia social e económica:
¿Debemos fomentar o movemento intraeuropeo da mocidade profesionalizada en Europa?.
Este torneo contará coa participación de equipos das Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Santiago e Lugo), Vigo, Deusto, Comillas, Valladolid, e Sevilla. Estas institucións enfrontaranse nun formato de debate que promove o pensamento crítico, a argumentación rigorosa e o diálogo construtivo.
Conferencias maxistrais: Un espazo para a reflexión
O evento non só se centrará nos debates competitivos, senón que tamén ofrecerá dúas conferencias maxistrais abertas ao público universitario e xeral. Estas conferencias, impartidas por expertos de primeiro nivel, abordarán temas clave relacionados coa mobilidade da mocidade profesionaliza en Europa e os desafíos que esta expón no contexto actual.
● Conferencia e mesa redonda inaugural (7 de marzo, 15:00 – 17:15):
«A situación e tendencias na mobilidade da mocidade universitaria e non universitarios en Europa, España e Portugal».
Participarán:
- Consello Sindical Interrexional de Portugal e Galicia
- Conselleira EURES-T
- Xunta de Galicia
Mesa Redonda (8 de marzo, 09:00 – 10:30):
«Os desafíos da mobilidade do talento profesional e a sustentabilidade dos programas de recuperación e captación de profesionais no contexto da UE e, en particular, da Europa Atlántica».
Participarán:
- Santander Corporate & Investment Banking
- Bizkaia Talent
- Programa/Rede EURAXESS –FCYT
Invitación á comunidade universitaria.
O I Torneo de Debate Académico Kolvenbach é unha oportunidade única para estudantes, profesores e profesionais interesados en temas de mobilidade, emprego e políticas europeas. As conferencias e debates están abertos ao público, e anímase á comunidade universitaria a asistir e participar activamente neste espazo de reflexión e diálogo.
Lugar de celebración:
Colexio Maior San Agustín
Rua Santo Agostiño 2. Aolado do Mercado de Abastos Web: https://www.cmusanagustin.com
Contacto para prensa:






