Festival de Cáritas en Ribeira

O Festival de Cáritas celebrado o 13 de decembro en Ribeira conmemorou a súa 40ª edición cun rotundo éxito de participación. As entradas esgotáronse en apenas día e medio e o Auditorio Municipal, con arredor de 500 prazas, encheuse por completo, reflectindo o forte apoio da comunidade.

O evento, preparado co coidado e profesionalidade propia do grupo Mimarte, destacou polo seu carácter dinámico, emotivo e humano. Máis de 70 artistas participaron de maneira xenerosa e desinteresada, ofrecendo un espectáculo no que se combinaron música, baile, teatro e humor nun ambiente de alegría e proximidade.

O festival foi moito máis ca un espectáculo cultural: converteuse nun acto colectivo de solidariedade e nun recoñecemento á labor de Cáritas, do voluntariado e de todas as persoas que colaboran coa entidade.
Desde Caritas queremos agradecer profundamente a implicacion da escola Mimarte, de todos os artistas participantes, das persoas asistentes e de quen colaboraron para facer posible este evento.

O vivido onte en Ribeira confirma que a solidariedade non só se di: celébrase, compártese e vívese.