Onte, sábado, nas vésperas da solemnidade da Santísima Trindade, a UPA de Ribeira viviu unha xornada moi especial coa celebración da Confirmación de 42 mozos e mozas, entre os que tamén había participantes da Catequese de Adultos.
Foi un momento cheo de alegría e esperanza para toda a comunidade, xa que estes novos confirmados convértense en “adultos na fe”, chamados a vivir o Evanxeo con madurez e compromiso, dando testemuña de Cristo tanto coas súas palabras coma cos seus feitos.
Pedimos ao Espírito Santo que os acompañe sempre no seu camiño de fe e que nunca lles falte a forza para vivir e compartir o amor de Deus.
Parabéns a todos os confirmados, ás súas familias e catequistas!
Fonte: UPA Ribeira






