Santa Eulalia de Codeso acollerá a Vixilia Diocesana polas Misións

No marco da celebración do centenario do DOMUND (100 anos do DOMUND, 18 de outubro de 2026), a Delegación Episcopal para as Misións de Santiago de Compostela organiza, xunto coa comunidade parroquial de Santa Eulalia de Codeso (Boqueixón) a Vixilia Diocesana polas Misións. O encontro terá lugar o vindeiro sábado 3 de outubro de 2026 ás 19:00 horas na parroquia, baixo o lema “Un en Cristo, unidos na misión”.

A xornada contará cun espazo moi especial dedicado aos máis pequenos e aos mozos. Antes e durante o encontro, celebrarase un momento de convivencia con nenos e xóvenes no que se desenvolverán varias dinámicas de animación misioneira, pensadas para espertar e compartir o espírito misioneiro entre as novas xeracións.

A celebración culminará coa vixilia de oración, un momento aberto a toda a comunidade diocesana para unirse en fe, dar grazas e pedir polos misioneiros e misioneiras que levan a mensaxe do Evanxeo por todo o mundo.

Este encontro quere ser, tamén, unha invitación para que todas as comunidades parroquiais da diocese se sintan chamadas a rezar xuntos polos misioneiros e misioneiras e polos froitos da evanxelización dos pobos.