O galardón foi recollido por D. Víctor Manuel Blanco Naveira, presidente da Asociación Raiña, quen manifestou a gratitude á Entidade por este recoñecemento ao labor realizado en favor das persoas privadas de liberdade.
A Asociación desenvolve cada ano un programa formativo no Centro Penitenciario, orientado á reinserción social e á adquisición de competencias para a vida en liberdade. Este 2025 a formación céntrase na compostaxe, promovendo hábitos sostibles, reciclado de desperdicios alimentarios, responsabilidade persoal e coidado da Creación.
Desde Raiña queremos expresar o noso sincero agradecemento a todas as persoas que fan posible esta misión: participantes, familias, profesionais e institucións colaboradoras. De maneira especial, agradecemos ao persoal funcionario do Centro Penitenciario de Teixeiro e ao seu equipo directivo, polo apoio constante e polo cariño co que sempre nos acollen. E o equipo Raiña poidemos agradecerllo, na Capela do Centro, a Aquel que o fai todo posible,
Este recoñecemento anímanos a seguir traballando, desde a Esperanza e o Compromiso cristián, por unha sociedade máis xusta, fraterna e solidaria.






