O pasado luns, 27 de marzo, a delegada de Pastoral Penitenciara, Yolanda Sánchez, acode a Ferrol para participar nunha charla coloquio organizada pola Pastoral Penitenciara da Diocese de Mondoñedo-Ferrol para achegar o cárcere a todas aquelas persoas interesadas nesta realidade tan pouco coñecida. A charla levou por título “O cárcere: o gran descoñecido. Tan preto e tan lonxe”, e está emarcada na colaboración interdiocesana entre as dúas Pastorais debido a que proximamente abrirase un piso de acollida en Ferrol para acoller a persoas privadas de liberdade que saian de permiso do Centro Penal de Teixeiro e queiran ir para a devandita cidade.
A colaboración interdiocesana é imprescindible no ámbito penal, desde hai máis de nove anos, ao Centro Penal de Teixiero acode voluntariado da diocese de Mondoñedo Ferrol, porque aínda que que é certo que na súa diocese non hai cárcere, si hai persoas presas que están neste Centro Penal.
Na charla xuntáronse máis de cincuenta persoas e estivo presente Monseñor Fernando García Cadiñanos, que ademais de ser o bispo de Ferrol e o bispo responsable da Pastoral Penal da Conferencia Episcopal.